UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. BOLETIN GALEGO DE LITERATURA.
BoletínGalegodeLiteratura,(61)(2023).ISSN-e:2174-4025https://doi.org/10.15304/bgl.61.9225
LuzValente:LuzPozoGarzaeJoséÁngelValente,dous poetas, dous poemas
LuzValente:LuzPozoGarzaandJoséÁngelValente,twopoets,twopoems
1UniversidadedeSantiagodeCompostela,España
alaura.paz.fentanes@rai.usc.es
Recibido:31/05/2023;Aceptado:22/10/2023
Resumo
Neste artigo exponse a relación literaria que mantiveron dous grandes poetas galegos: José Ángel Valente e Luz Pozo Garza, pioneiros no uso do galego como lingua escrita e literaria na posguerra. Explícase como se coñeceron, reúnense as dedicatorias mutuas que se escribiron e, por parte da poeta ribadense,expóñenseasmenciónsquefaidoourensánnacorrespondenciacondousgrandesamigosde ambos, os poetas Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, e os poemas que Luz Pozo Garza escribiu en homenaxe a Valente. Neles atopáronse ecos da poesía valenteana con múltiples referencias aos títulos dos poemarios de José Ángel Valente, así como ás súas fontes e poetas máis admirados, como Rimbaud ou Lautréamont. Para levar a cabo todas estas tarefas recorreuse á biblioteca persoal de José Ángel Valente, custodiada na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela;aolegadodeLuzPozoGarza,naBibliotecadeGalicianaCidadedaCultura;eáspublicacións querecollenos poemas queLuzPozoGarzallededicouaJoséÁngelValente,édicir,oslibros Homaxea José Ángel Valente e Poetas con Valente e as revistas Clave Orión e Unión Libre.
Palabraschave:JoséÁngelValente;LuzPozoGarza;poesíagalega;dedicatorias;correspondencia.
ThisarticledescribestheliteraryrelationshipbetweentwogreatGalicianpoets:JoséÁngelValente and Luz Pozo Garza, pioneers in the use of Galician as a written and literary language in the post-war period.Itexplains howtheymet,brings togetherthemutualdedicationsthattheyhavewrittentoeach otherand,onthepartoftheRibadensepoet,thementionsshemakes ofValenteinhercorrespondence withtwogreatfriendsofboth,thepoetsClaudioRodríguezFerandCarmenBlanco,andthepoemsthat Luz Pozo Garza wrote in honour of Valente. In them echoes of Valentean poetry were found in the multiplereferences tothetitles ofJoséÁngelValente’spoetrybooks,as wellas tohissources andmost admired poets, such as Rimbaud or Lautréamont. To carry out all these tasks, we searched the information inthe personal libraryof JoséÁngelValente, keptin the José Ángel ValenteChair of Poetry and Aesthetics at the University of Santiago de Compostela; in the legacy of Luz Pozo Garza, in the Library of Galicia in the City of Culture; and in the publications that collect the poems that Luz Pozo Garza dedicated to José Ángel Valente, that is, the books Homaxe a José Ángel Valente and Poetas con Valente and the magazines Clave Orión and Unión Libre.
Keywords:JoséÁngelValente;LuzPozoGarza;Galicianpoetry;dedications;correspondence.
Comocitar:PazFentanes,L.(2023).LuzValente:LuzPozoGarzaeJoséÁngelValente,douspoetas,dous poemas.BoletínGalegodeLiteratura,61,“Estudos”.DOIhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.61.9225
Copyright © Universidade de Santiago de Compostela. Artigo en acceso
aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non
derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)
Introdución
JoséÁngelValente,escritor,poetaeensaístaourensán,eLuzPozoGarza,escritora,poetae crítica literaria ribadense, mantiveron un contacto, se ben breve, o suficientemente determinantecomoparaqueoinfluxodoprimeiromarcasepartedaobradasegunda,comose poderá comprobar a través da análise dos poemas adicados ao ourensán. Ademais, na súa traxectorialiterariacompartenofeitodeserprecursoresnousodogalegocomolinguaescrita e literaria no período de posguerra; non obstante, as diferenzas literarias e vitais entre ambos tamén son visíbeis.
Por unha banda, José Ángel Valente empregou o galego na súa mocidade poética como artista nacidoen Ourense. Foi un precursorno usoda lingua galega, nun ámbito que lle estaba vedado, coa publicacióndoseu poema “Finisterre” no diario La Noche no ano1947, tale como apunta Claudio Rodríguez Fer (2018):“[...] Se convirtió así en un pionero de la publicación en gallegoporpartedelamocedadposbélicaodequiennohabíaeditadonadaeneseidiomaantes delaguerracivil”(p.100).Nonobstante,oseuperiplovitaleeducativolevounoaresidiralgún tempoenMadridprimeiroelogoenOxford.Xamáistarde,asúavidaprofesionaldesenvolveuse enXenebraeParís,trasaqueseacabouretirandoenAlmería.Portodasestasrazóns,asícomo poloseumaiorvínculoconpoetasespañoiscomoVicenteAleixandre,escribiuamaiorparteda súaobraencastelán. Aexcepciónaistoaparecenadécadadosoitenta,candooautorrecupera a lingua galega co seu poemario Cántigas de Alén.
Pola outra, Luz Pozo Garza viviu a maior parte da súa vida en distintospuntos xeográficos de Galiza, aínda que realizou diversas viaxes ou estancias a destinos como, por exemplo, Portugal, Alemaña ou Bélxica. No eido lingüístico-literario, Luz Pozo Garza comezou a súa carreira escribindo en castelán, mais a súa obra escrita en lingua galega supuxo non só unha revolución na temática frecuentemente tratada na literatura galega, senón tamén na estética dominante.
Metodoloxía
A metodoloxía empregada para descifrar o tipode vínculo que uniu a José Ángel Valente e aLuzPozoGarzaédetipoindutiva,xaquesepartedaexistenciadededicatorias,detextosede poemas. Para analizar as composicións poéticas de Luz Pozo Garza en memoria de José Ángel Valenterecorreuseaosespazosnosquesepublicaronospoemas:oslibrosHomaxeaJoséÁngel Valente e Poetas con Valente e as revistas Clave Orión, dirixida pola propia Luz Pozo Garza, e UniónLibre,dirixidapolosamigosdeambospoetasClaudioRodríguezFereCarmenBlanco.De igualforma,taménfoideaxudaaobradopoetaourensán,xaquenelaatópanseaschavespara poder entender todas as referencias directas, na maioría dos casos, e indirectas, noutros, que encerran os versos dedicados pola ribadense.
Deste xeito, comezarase expoñendo o testemuño do primeiro encontro persoal entre os autores a través de quen os presentou, o anteriormente citado como amigo de Luz Pozo Garza e José Ángel Valente, Claudio Rodríguez Fer. Logo recorrerase aos legados de cada un dos autores para poder reunir as dedicatorias que se escribiron mutuamente nos seus libros e tratarán de explicarse ou contextualizarse nos casos nos que sexa preciso algunha aclaración. Finalmente, destacaranse os ecos valenteanos nas poesías dedicadas por Luz Pozo Garza ao poeta, naquel momento, recentemente falecido. Eses ecos serán principalmente referencias a poemariosouaantoloxíasdeJoséÁngelValenteeassúasfonteseprincipaispoetasadmirados, como Rimbaud ou Lautréamont.
Primeiroencontro
José Ángel Valente e Luz Pozo Garza coñecéronse o 28 de abril de 1993 no Hotel Atlántico da Coruña presentadosporClaudio Rodríguez Fer, a quen lle agradezoa súa orientación neste artigo que nace como froito do encontro “Centenario de Luz Pozo Garza, poeta cantora de Valente”quetivolugarennovembrode2022naCátedraJoséÁngelValentedePoesíaeEstética (enadiante,CátedraValente),queelmesmodirixe,naUniversidadedeSantiagodeCompostela, e onde interviñeron grandes estudosos da vida e da obra da poeta. Claudio Rodríguez Fer(2012)relata que “Valente ofreció una lectura poética comentada en el salón de actos del Instituto de Enseñanza Media Eusebio da Guarda de A Coruña, presentado por el poeta Xavier Seoane” (p. 136), e o propio José Ángel Valente escribiu no seu Diario anónimo as súas impresións tras esta visita (Valente, 2011). A isto hai que engadir o testemuño directo do primeiro encontro entre Luz Pozo Garza e José Ángel Valente no que actuou de mediador Claudio Rodríguez Fer (2012):
Recuerdo que ese día, Carmen Blanco y yo nos encontramos con él [con Valente], antes de su recital, en el Hotel Atlántico, para saludarlo y para hablar del Encuentro Internacional sobre su obra que yo estaba organizando en el seno de la Universidad de Santiago de Compostela. Y también que luego dedicó unos libros a la poeta Luz Pozo Garza. (p. 137)
Este encontro estivo propiciado en parte polo regreso de Luz Pozo Garza a Galiza tan só sete meses antes. Carmen Blanco (2002), na biografía que realizou sobre a poeta ribadense, explica que
[...] en setembro de 1992 a autora traslada de novo a súa residencia á cidade da Coruña para estar máis pretodofilloedafillaquevivenenGalicia,aotempoquepasatempadasenIrlanda,ondeviveafillamaior, Mónica. (p. 61)
Dedicatoriasesegundoencontro
Por unha banda, as dedicatorias de José Ángel Valente a Luz Pozo Garza atópanse na biblioteca da autora, legada á Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a cuxo persoal bibliotecario agradezo o feito de me ter guiado no acceso a dito fondo. Nesa mesma biblioteca, do 9 de xuño ao 17 de outubro de 2022, tivo lugar a exposición “Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida”, que deu como resultado un magnífico catálogo homónimo coordinado por Carmen Blanco e Olivia Rodríguez González. NolegadodeLuzPozoGarzaconsérvanseatécatrolibrosdedicadosporJoséÁngelValente.En primeirolugar,enLaspalabrasdelatribupodelerse:“paraLuzenesteencuentro-reencuentro- con el afecto de José Ángel. A Coruña-primavera 1993”. O suposto reencontro parece ser unha metáfora, pois, como xa se indicou os poetas coñecéronse no momento en que José Ángel Valente lle dedica este libro. Non obstante, Luz Pozo Garza coñecía e admiraba a obra de José Ángel Valente, mais este non era lector da dela até ese momento.
En segundo lugar, en Punto cero José Ángel Valente escríbelle simplemente: “Para Luz con lavivaamistaddeJoséÁngel”.Algomáisricaencontidoquizaissexaaterceiradedicatoria,que seatopaenMaterialmemoria(1979-1989):“Luz:tulibroesmuyhermoso.Gracias.Teenvíoun abrazo fraterno. José Ángel. Apartado 185 04080 Almería. (Me gustaría leer tu trabajo sobre Pimentel)”. O libro ao que se refire Valente nesta dedicatoria é o poemario Prometo a flor de loto (1992), que Luz Pozo Garza lle dedicou e que se comentará posteriormente. O traballo sobre Pimentel ao que tamén alude nesa mesma dedicatoria é o ensaio A bordo de “Barco sin luces” ou o mundo poético de Luís Pimentel, publicado no ano 1990. A poeta non llo debeu de enviarfinalmenteporquenonhainingúnexemplarnabibliotecadoautor.Asímesmo,esta
dedicatoria é a única pista que parece apuntar a que entre ambos autores puido haber un intercambioepistolarpuntual;pois,polaspalabrasdeValentededúcesequexaleraolibroque, comoseexplicamáisadiante,llededicaraLuzPozonoencontrode1993.Nestaliña,aexpresión “Te envío”, aínda que pode ser metafórica, reforza esta teoría. Non obstante, tanto na Cátedra Valente coma no Arquivo de Galicia, onde tamén se custodia a correspondencia da poeta, non secoñecequeexistisetalintercambioepistolar,xaquenonhai(oupoidaqueospropiosautores non conservasen) cartas entre eles.
A cuarta e derradeira dedicatoria de José Ángel Valente a Luz Pozo Garza atópase na antoloxía poética El fulgor: “Para Luz de su amigo José Ángel”. A dedicatoria deste libro é moi significativa, xa que o segundo, e tamén o derradeiro encontro do que se ten constancia entre ospoetas,prodúcese o26de maio de 1998con motivoda presentación da antoloxía dedicada. Nesa ocasión, Valente estivo acompañado por Claudio Rodríguez Fer (2012), que volveu facer de nexo entre ambos e foi testemuño do reencontro dos poetas:
El26demayode1998,ValenteyyopresentamosenlacapilladelHostaldelosReyesCatólicosdeSantiago de Compostela la antología poética “El fulgor” [...]. Recuerdo que asistieron numerosos escritores gallegos que hablaron con Valente en mi presencia, como Luz Pozo Garza [...]. (p. 146)
Polaoutrabanda,aúnicadedicatoriadeLuzPozoGarzaaJoséÁngelValenteatópase,como xa se apuntaba, en Prometo la flor de loto. O libro dedicoullo no seu primeiro encontro, tal e comoapoetaribadenselleescribenadedicatoria:“☆ParaJoséÁngelValente:encontronoabril
-93.LuzPozo Garza”.
JoséÁngelValentenacorrespondenciadeLuzPozoGarzaatravésde
UniónLibre
LuzPozoGarzasentiuunhagrandeadmiraciónpolaobraepolafiguradeJoséÁngel Valente, a quen tamén dedicou dous poemas, así como uns versos que permaneceron inéditos equesecomentanmáisadiante.IstodemóstrasenasnumerosasmenciónsquellesfaiaClaudio Rodríguez Fer e a Carmen Blanco nas cartas que lles envía. Como é de esperar, con quen máis falouaribadensedeValentefoiconquenllopresentoue,afortunadamente,acorrespondencia entre osautores fíxose pública no ano2020, no número25da revista Unión Libre. Cadernosde vidaeculturas.Arteepistolar,dedicadoápoetaedirixidopolospropiosinterlocutoresdapoeta.
A primeira alusión que fai Luz Pozo Garza a José Ángel Valente ou, máis concretamente á súaobra,aparecenunhacartadoano1998araízdoenvíodopoemarioCántigasdealén(1989) que lle fan os poetas Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco: “A Carmen e Claudio: Benqueridos. Gracias polas vosas preciosas Cántigas de alén – e polos fermosos comentarios. Vanvos os meus agarimos desde o lugar da LUZ” (Pozo Garza, 2020c, p. 52).
Aseguintereferenciaprodúcesenunhacartade2001,ondeapoetallesenvíaomanuscrito dun dos poemas que escribe en memoria de Valente e a versión definitiva mecanografada:
ACoruña,15-03-2001.
Cartacundebuxoorixinaldapoeta,cunhadedicatoriaautógrafaecopoema‘Autolecturadofulgor’,‘AJosé Ángel Valente: In Memoriam’, en dobre versión manuscrita e mecanografada (cun engadido manuscrito).
‘Conviteparatres:Carmen,Claudio,Mariña.
Luz.
BenqueridosCarmen-Claudio:EnvíovosopoemaautógrafoAJoséÁngelValente:InMemoriam. Era un poeta moi fondo que regresa á súa orixe.
Imoscelebrarasúapalabraennós.Bicos-Luz☆
(Decidínescribiropoema:nontiñaningúndignodeValente.Estealomenosacusaasreferencias!) [...]
Textodefnitivo:Unbico☆Carmen☆Claudio☆Mariña☆’(PozoGarza,2020c,p.62-63)
Nese mesmo ano dátase o manuscrito onde se atopa o segundo poema dedicado ao poeta. Neste manuscrito, despois do poema en memoria de José Ángel Valente reprodúcense as composicións dedicadas aos escritores e ás escritoras Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Andrés Pociña e Aurora López, que se centran na relación da poeta con todos eles. O poema a Valente reprodúcese, xunto co enviado o día 15 de maio, máis adiante para a súa análise, polo que aquí só se citarán os datos proporcionados en Unión Libre (2020):
ACoruña,Primavera,2001.
Manuscrito de «Divertimento coas letras» en catro folios, posteriormente retomado e retocado artística e paratextualmente pola poeta en 2012 para a súa publicación en Clave Orión, número XVI-XVII, correspondente aos anos 2009-2017. (p. 64)
No ano 2012, Luz Pozo Garza envíalle a Claudio Rodríguez Fer unha terceira composición, que podería catalogarse como breve poema, en memoria de José Ángel Valente. Trátase duns versos improvisadosque permaneceroninéditos atéa súapublicaciónno número25de Unión Libre e que se rescatan aquí:
ACoruña,29-07-2012.
Correo electrónico a partir do vídeo de Claudio Rodríguez Fer falando de ‘Valente contra el silencio y la resignación’ no Círculo de Lectores de Madrid, publicado en Youtube.
‘AVALENTESEMPRE:
Reinodoamor
ondeaemociónfulgura
esquecemosotempoemáisoaléndomar perdida a orela
amortenonexiste amortenonexiste
LUZ’(PozoGarza,2020c,p.129)
Estes versos, ademais de incluír a palabra “fulgura” en referencia a El fulgor de José Ángel Valente, algo que será recorrente nas outras composicións que Luz Pozo Garza lle dedica ao ourensán, parecen estabelecer tamén un diálogo coa cántiga “Dicer de tódalas augas” do poemario galego de Valente Cántigas de alén:
Dabeiramarfuxín, subín ó monte.
Hoxedícenmeasaugas:
–Mañánéonte.
Pranonmorrer,
pranonmorrerendexamáisdemorte, a frol da acacia levo
veciñoelonxe.(Valente,2014a,p.519)
O 23 de setembro de 2012, noutro correo electrónico, Luz Pozo Garza alude a José Ángel Valente a propósito do epistolario entre o escritor Julio Cortázar e o poeta ourensán. Este epistolario, como o resto do poeta galego, dos seus manuscritos, dos seus arquivos e da súa biblioteca persoal, permanece custodiado na Cátedra Valente, fundada no ano 2000 tras a doazón do autor e tras o seu nomeamento un ano antes como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, sendo reitor Darío Villanueva. Con respecto ao epistolarioentreJulioCortázareJoséÁngelValente,LuzPozoGarzaopina:“(Interesantísimoo epistolario Valente-Cortázar. Dous valores inesgotables! E quen rexe a Cátedra e ten nas súas sabias mans estes tesouros!) Luz” (Pozo Garza, 2020c, p. 135).
De forma similar, resulta tamén esclarecedora a mención a José Ángel Valente como resposta á pregunta dos poetas preferidos no Cuestionario Proust que respondeu a poeta ribadensenoano2010:“EduardoMoreiras,RosalíadeCastro,Rilke,Safo,Aleixandre,Pimentel, Cunqueiro, Valente, Xohana Torres, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fere os poetasdaantoloxía de Nordés de 1991” (Pozo Garza, 2020c, p. 113)1 .
PoemasdeLuzPozoGarzoaJoséÁngelValente:conexiónse lembranzas
OprimeiropoemaqueLuzPozoGarzallededicaaJoséÁngelValentetitúlase“Autolectura do fulgor”. Foi publicado por primeira vez en Homaxe a José Ángel no ano 2001 e despois, ademais de no xa citado número 25 da revista Unión Libre (p. 63), no libro Poetas con Valente (PozoGarza,2010,p.16-19),volumenoqueparticiparonademaisosAntonioGamoneda,Pere Gimferrer, Claudio Rodríguez Fer e as poetas Olga Novo e Tera Blanco de Saracho. Así mesmo, ovolumefoiiluminadocosretratosqueaartistalucenseSaraLamasfixodeJoséÁngelValente. O poema tamén foi incluído na Antoloxía poética. Poesia antologia. Antologia poética (1990- 2003) (Zumeta, 2004, p. 57-58)2 .
AUTOLECTURADOFULGOR
AJOSÉÁNGELVALENTE:
INMEMORIAM
eporquexadictarasunhaleccióndetebraspor Rimbaud
Lautréamont
acasoPimenteleoutrosadolescentesetodo se nos volve laxitude do pranto
eporquedeclarabasaavidezdapalabranuntempodemudanza ou se prefires
![]() |
1Estecuestionario,publicadoorixinalmenteenEvohé.RevistaCulturaldoCampusdeLugo,n.º25,foirecentemente reimpreso no magnífico volume bilingüe Unha camelia: antoloxía poética. One camelia blossom: poetry anthology, traducido por Adina Ioana Vladu e Jonathan Dunne (2021).
2Naspáxinas95e96aparecetraducidoaoéuscaroenaspáxinas127e128aocatalán.
nasvariaciónsdamúsicaabsolutacomoúnicacerteza pois dictabas unha lección de letras
arquetípicas
escribindonasombraconluzvívidaunhapalabrasoaque arrasaría o mundo e a vibración persiste
eporqueamorteentrabatanlicenciosa pola patria túa
meditandoadeshoranamateriadavidaenprogresión harmónica
asabersechegabasouseguías por datas imcumpridas
nasáureassoterradasaíndaquentesdoshumus magma e matriz de augas lustrais
ondeéposibleovértigo
taménporquedictabasvellasprofecías signos de luz e historia
deextinciónsedeexiliosenletraconvertida na que reside toda a santidade
eagoraquetodosenosvolveemboscadosilencio a media voz dictado
etodoétebraemitoirremediablesagás a reservada fidelidade da morte
mesmoosoficiosdúctilesque amabamos de nenos
madeirasdeamieiroserradasconamor nun alpendre da patria
agora cae a chuvia na chuvia como prantodespoisdetantaindefensión senRimbaud
senLautréamont
senPimentelacasosenValente
exanestevacíoquefoireinodasaves non hai moito
eagoraavozaquelavaientrandonaorixe
escriboenamoresteepitafiosobre os fragmentos rotos
eestelaresdesefulgorcumpridodoteu nome secreto para a morte
edigoestaspalabrasnolímite:
NONHAIXAADOLESCENTESQUENOSSALVEN.(PozoGarza,2020a,p.63)
Estepoemaestácheodereferenciasáantoloxíaquereuniuaospoetasporsegundavez, El fulgor, dende o propio título. A seguir, existe unha dedicatoria explícita en memoria do poeta falecido no momento de composición, tan só dez meses despois do seu pasamento. O primeiro versodacomposición,“eporquexadictarasunhaleccióndetebras”(PozoGarza,2020a,p.63), aludeáobravalentianaTresleccionesdetinieblas.Nesaprimeiraestrofadacomposición
aparecen tres nomes propios dos poetas Rimbaud, Lautréamont e Pimentel. Primeiramente, Rimbaud foi un poeta francés que deixou de escribir ós vinte anos, tras reunir as súas obras (para saber máis sobre a vida e a obra deste poeta pode consultase Rimbaud (1973) de Pierre Brunel,libroqueopropioJoséÁngelValenteconservabanasúabibliotecapersoal).Ensegundo lugar,LautréaumontfoiunpoetauruguaioconsideradooprecursordosurrealismoenFrancia, que faleceu aos vinte e catro anos (para saber máis sobre este poeta pode consultarse Vie de Lautréamont (1970) de Édouard Peyrouzet, libro que Valente tamén conservou na súa biblioteca).Ambosforonmoiadmiradospoloourensán,tantoqueseconverteronnomotivodo seu poema “Punto cero”, incluído no poemario El inocente (1970) e, en 1991, publicado pola Residencia de Estudiantes en Rimbaud: 1891-1991, onde participaron outros poetas, como Claudio Rodríguez ou José Lezama Lima. Ademais desta composición a existencia de até 15 volumes de e/ou sobre a figura de Rimbaud e 16 de e/ou sobre Lautréamont na biblioteca persoal do autor, a cuxo contido se pode acceder a través da catalogación e do estudos de Redondo Abal e García Candeira (2016), son unha proba máis do impacto que tanto Rimbaud como Lautréamont supuxeron para o poeta ourensán. Ambos son emblemas da poesía e da xuventude, por iso Luz Pozo Garza repite os seus nomes ao longo da composición e reitera a súa adolescencia dendeocomezoaté ofinaldopoema. Nocasodoterceiropoeta mencionado, Pimentel, Valente conservou tan só tres libros, pero o seu interese por este por el quedou demostrado na xa citada dedicatoria que o ourensán lle escribiu no seu volume de Material memoria (1979-1989) a Luz Pozo Garza. Pola contra, a relación desta última con Pimentel foi máis estreita, xa que ela estivo en contacto con el tal e como rexistra Carmen Blanco (2006), Luz Pozo “[...] se trasladó a Lugo, donde conoció a Pimentel postrado por el horror de los acontecimientos que relata en su poema ‘El prisionero’, y desde donde tuvo que marchar a Marruecos” (p. 22).
As dúas seguintes estrofas entroncan directamente coa autolectura, neste caso de José ÁngelValente,queengadeaoseupoemariobreve Tresleccionesdetinieblas,ondeproporciona aschavesinterpretativasdomesmo.Así,amusicalidadereferidanasegundaestrofadopoema de Luz Pozo Garza remite directamente ás palabras de Valente (2014d): “Los textos de Tres lecciones de tinieblas tienen su origen en la música” (p. 403). Na terceira estrofa do poema, a lección de letras arquetípicas, a sombra, a luz e a vibración remiten de novo á explicación do poemario que plasma Valente (2014d):
PeroconvertirsealSeñoresconvertirsealasletras,remitirsealejedelasletras,pues -comodiceelrabíde Mezeritz-elSantoresideenlasletras,esdecir,enlasformasarquetípicasdelespesorydelatransparencia de la materia y de su perpetua resurrección. (p. 404)
Así mesmo, cómpre destacar aquí o verso “escribindo na sombra con luz vívida unha palabra soa [...]” (Pozo Garza, 2020a, p. 63), que recorda a unha frase pronunciada por José ÁngelValentenoactonoquelleentregaronoVIIpremioReinaSofíadePoesíaIberoamericana (1998): “La Tora estaba escrita con fuego negro sobre fuego blanco [...]” (Valente, 2008, p.1584). Esta afirmación inscríbese precisamente nun discurso no que o propio Valente fala de Tres lecciones de tinieblas.
Denovo,acuartaestrofaentroncacoaanteriormentecitadaautolecturadeValenteenTres lecciones de tinieblas:
Enciertossistemasdeanálisisarmónicoseentiendeque el Ursatztieneunpotencialexpresivouniversaly, poruniversal,objetivo.Lacreacióndependeríadelamedidaenqueelcompositorfacilite(portanteoopor espera)laconvergenciadesupropiaenergíaconelUrsatz.Loqueenmúsicasellamavariaciónsería,desde ese punto de vista, un modo de meditación creadora sobre el movimiento primario, sobre una forma universal. (Valente, 2014d, p. 403)
Quizais esta estrofa e máis a quinta sexan nas que a poeta máis se aproxima á biografía do autor. Pois esa morte que “entraba licenciosa” (Pozo Garza, 2020a, p. 63) é a mesma que lle causoutantosufrimentonosúltimosmesesdevidaaJoséÁngelValente(paramáisinformación vid.García Lara, 2017, p. 436-457). De igual xeito o “magma” e as “augas” parecen facer referencia ás orixes do autor: Augasquentes, é dicir, Ourense.
Ásextaestrofapoderíaselleaplicaroditoapropósitodaterceira,maisdébeseexplicaraquí o exilio ao que fai referencia Luz Pozo Garza. Efectivamente, José Ángel Valente exiliouse primeiro de Galiza e, máis tarde, de España. Como xa quedou dito, o autor viviu a meirande parte da súa vida en Xenebra e tan só pasou a súa infancia e parte da adolescencia en Ourense e,xanosúltimostempos,retirouseaAlmería.Peseaoseudesterrofísico,oautorsempreestivo atentoaoquesucedíanaPenínsulaatravésdoscompañeirosquepermaneceronnopaíseque, especialmenteatravésdassúascartas,oinformabandasnovidadespolíticas,sociais,literarias eendefinitiva,omantiñanconectadoássúasorixes.Denovo,aquíatópaseareferenciaaoutro poemariodeValente,Lamemoriaylossignos,atravésde“signosdeluzehistoria”(PozoGarza,2020a, p. 63).
Nasétimaestrofaconflúenosilencio,avoz,atebraeomito,todooquerepresentaaValente e todo o que Valente representaba para Luz Pozo Garza, mais sempre tendo moi presente a “fidelidade da morte” (Pozo Garza, 2020a, p. 63), fondo común a todo o poema. Mentres, na seguinte estrofa a poeta retrotráese tanto até a infancia de José Ángel Valente como até a súa propia, ambos na patria.
Novamente, na novena estrofa cita aos poetas admirados por Valente e que xa se comentaron anteriormente, aínda que nesta ocasión parece engadir un matiz de irremediábel aceptación da morte. Ademais, a ditos poetas suma ao que para ela era o seu poeta admirado: Valente.
NadécimaestrofaaludeaopoemarioNoamaneceelcantordeJoséÁngelValentecon“exa neste vacío que foi reino das aves” (Pozo Garza, 2020a, p. 63). Engade tamén outra referencia biográficadoautorcon“eagoraavozaquelavaientrandonaorixe”(PozoGarza,2020a,p.63), xa que José Ángel Valente volveu a Augasquentes para ficar para sempre.
Na penúltima estrofa LuzPozoGarza alude ao poemario Treinta y siete fragmentos de José Ángel Valente de maneira máis explícita, “os fragmentos rotos” (Pozo Garza, 2020a, p. 63), así como a Fragmentos de un libro futuro. Menciona a autora o epitafio, forma empregada polo propio José Ángel Valente até en catro ocasións: a primeira delas en A modo de esperanza, a segunda en La memoria y los signos, a terceira en “Epitafio para un desconocido”, composición recollida na poesía dispersa ou inédita publicada no volume Poesía completa de José ÁngelValente(2014b,p.804-805),eacuartaen“Proyectodeepitafio”(Valente,2014c,p.552)noxa mencionado Fragmentos de un libro futuro. Aínda no derradeiro verso da estrofa alude, como xa fixera anteriormente, a El fulgor de José Ángel Valente.
Remata o poema cun grito de invocación e de dor pola morte dos bos poetas que xa non poderán salvar o xénero, pero non só en alusión a Rimbaud e Lautréamont, senón tamén ao destinatario últimoda composición:José ÁngelValente. Así,LuzPozoGarza considera que coa morte do poeta tamén se está a producir a morte do xénero poético.
O segundo poema de Luz Pozo Garza dedicado a José Ángel Valente é “Divertimento coas letras”, que se inclúe no número 25 de Unión Libre (p. 64). Porén, no ano 2012 é retocado artística e paratextualmente pola poeta para a súa publicación na súa revista Clave Orión, números XVI-XVII, anos 2009-2017 (p. 24).
(DIVERTIMENTOCOASLETRAS):
FERMOSÍSIMOoFqueflamea…
VALENTE:
· FermosooFdoFulgordeValentepara ferir as sombras,
franquearaharmonía-mesmoamorte-
¿Morrerdetantamorteoufondearavida? Ninsei:
Fidelidadeóprincipiodamúsica,se cadra unha Lección de Tebras, alfabeto sagrado e laios
profetaXeremías.
Profesar.Profesarnaharmonía
esefoiodestinodamúsica.Odestino doverso.
Odestinodafala.
Odestinodaflorquenonse extingue.
Osfugacesperfumesquesempre nos fascinan e
que afloran nas sílabas máis íntimas do ser decandoseama.(PozoGarza,2020b,p.64)
Estepoema,máisbreve,émoisimilarencontidoaoanteriorcomoédeagardarpolaescrita destinada á memoria da mesma persoa, xa que tamén se inicia coa referencia á obra de José ÁngelValenteElfulgor.Deigualxeito,aparecetaménmencionado,estavezdeformatotalmente explícita “Lección de Tebras”, en clara alusión ao poemario Tres lecciones de tinieblas do ourensán. De novo, pode volver a trazarse un diálogo entre o poema de Luz Pozo Garza e a autolectura que fai José Ángel Valente da súa propia obra Tres lecciones de tinieblas:
Todas las lecciones de tinieblas, género sacro que ensayaron tantos grandes maestros, tienen la misma estructura. Se canta en ellas una letra del alfabeto hebreo y a continuación un fragmento de las Lamentaciones de Jeremías, profeta. [...] El eje horizontal es el eje de la historia, el eje de la destrucción, de la soledad, del exilio, del dolor, del llanto del profeta que termina siempre con este lacerante aviso: [...]. (Valente, 2014d, p. 403)
Conclusión
AexistenciadunvínculopersoaleliterarioentreLuzPozoGarzaeJoséÁngelValentequeda demostradaatravésdosdousencontrosedasdedicatorias,catrodelaelaeunhadelaael,dos autores.PoderíasedicirqueestarelaciónfoidemaioradmiraciónporpartedeLuzPozoGarza ao poeta ourensán, xa que ela coñecía a súa obra poética previamente e, ademais, os dous encontros que tiveron sucederon porque precisamente ela asistiu como público ás presentacións literarias do autor. Así mesmo, as dedicatorias atesouradas na biblioteca da Cátedra Valente e na Biblioteca de Galicia son claros testemuños dos encontros, da simpatía e dosecosliterariosquenelassepodenler,asícomonospoemasdedicadosaJoséÁngelValente por parte de Luz Pozo Garza. Ademais, a dedicatoria de Valente a Luz Pozo Garza en Material memoria (1979-1989) podería apuntar á existencia dun intercambio epistolar entre ambos, hoxe descoñecido, xa que nas institucións nas que se custodian os seus legados non existen indicios que poidan confirmar esta hipótese.
En canto aos poemas “Autolectura do fulgor” e “Divertimento coas letras” é evidente, independentemente da época de publicación de cada un deles, que ambos foron escritos no mesmo ano, como testemuña a correspondencia intercambiada cos poetas Claudio Rodríguez FereCarmenBlanco,enunhamesmaetapacompositiva.Ambascomposiciónssonmoialusivas,
en especial, á obra de José Ángel Valente, por exemplo, coas referencias á antoloxía El fulgor e á autolectura de Tres lecciones de tinieblas. En definitiva, Luz Pozo Garza escolle as palabras exactas, cargadas de significado, non só porque estea facendo poesía, senón tamén por a quen van dirixidas esas palabras, a outro poeta, un dos que ela máis admirou. Coa morte sempre de fondo, a autora réndelle homenaxe a José Ángel Valente, ao que definiu como “un poeta moi fondo que regresa á súa orixe” (Pozo Garza, 2020c, p. 62).
Referenciasbibliográficas
Blanco,C.(2002).LuzPozoGarza:aavedonorte.Linteo.
Blanco, C. (2006). Extranjera en su patria: cuatro poetas gallegos: Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza. Círculo de Lectores, Galaxia Gutenberg.
Cátedra Valente (7 de marzo de 2023). Centenario de Luz Pozo Garza na Cátedra Valente. Cátedra Valente. [Arquivo de Vídeo]. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=7aEoGVftHHE&t=3319s
García Lara, F. (2017). Almería 1985-2000. En C. Rodríguez Fer, M. Fernández Rodríguez e F. García Lara (Ed.), Valente Vital (Magreb, Israel, Almería) (pp. 363-457). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
PozoGarza,L.(2001).Autolecturadofulgor.EnSociedadeaNosaXenebra(Ed.),HomaxeaJosé Ángel Valente (pp. 23-24). A Nosa Galiza.
PozoGarza,L.(2009-2017).Divertimentocoasletras. ClaveOrión,(XVI-XVII),24.
PozoGarza,L.(2010). Autolectura dofulgor.EnC.RodríguezFer(Ed.),PoetasconValente(pp.
16-19).ServizodePublicaciónseIntercambioCientíficoda USC.
PozoGarza,L.(2020a).Autolecturadofulgor.UniónLibre.CadernosdevidaeCulturas,25,p.63. https://www.unionlibre.org/artigos/artigosarte.htm
PozoGarza,L.(2020b).Divertimentocoasletras.UniónLibre.CadernosdevidaeCulturas,25,
p.64. https://www.unionlibre.org/artigos/artigosarte.htm
PozoGarza,L.(2020c).[Cartasecorreoselectrónicos].UniónLibre.CadernosdevidaeCulturas, 25, pp. 52, 62, 113, 129 e 135. https://www.unionlibre.org/artigos/artigosarte.htm
Redondo Abal, F. X. e García Candeira, M. (2016). Biblioteca de José Ángel Valente. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Rodríguez Fer, C. (2012). Valente en Galicia: Quedar para siempre. En C. Rodríguez Fer, M. AgudoRamírezeM.FernándezRodríguez(Eds.),Valentevital(Galicia,Madrid,Oxford)(pp. 136-137 e 146). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Rodríguez Fer, C. (2018). La lengua preoriginaria. En C. Rodríguez Fer (Ed.), Valente infinito. (Libertad creativa y conexiones interculturales) (pp. 99-109). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Valente,J.Á.(1991).Puntocero.EnResidenciadeEstudiantes(Ed.),Rimbaud:1891-1991(p.
19).ResidenciadeEstudiantes.
Valente, J. Á. (2008). Discurso en el acto de entrega del VII premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. En A. Sánchez Robayna (Ed.) e C. Rodríguez Fer (introducción e recompilación), Obras completas [T. II] (pp. 1583-1586). Círculo de Lectores, Galaxia Gutenberg.